Casa das crechas

A Casa das Crechas é un dos lugares máis emblemáticos de Compostela. Este espazo multicultural aberto en 1986 (aínda que xa aparecía como casa de comidas en ‘La Casa de la Troya’ de Lugín) é xa un referente ineludible para os amantes da música sen fronteiras. Ao longo destes anos converteuse nunha plataforma de lanzamento para nov*s artistas galeg*s e de aterraxe para artistas foráne*s. Unha fiesta aberta ao mundo.

Enderezo: Vía Sacra, nº 3

Advertisements