Camalea

camalea

Nun ambiente musical onde predominan o funk, o jazz, hip hop ou o reggae, cómodo, amplo e decorado cun estilo vintage, o artístico e o funcional fúndense no espírito do Café Camalea. Ubicado nun encantador rincón da Praza de San Martiño Pinario, o segundo edificio en importancia da zona monumental compostelana, nel o visitante pode disfrutar dunha ampla carta de bebidas nas que se inclúe infusións naturais, batidos de froitas, cafés ou cócteles… a súa terraza é especialmente recomendable.

Enderezo: Praza de San Martiño Pinario, nº4