Borriquita de Belém

As paredes  de pedra  da  Borriquita  levan contemplado e  inspirado a cultura  de moitas xeracións. En constante actividade dende 1971, esta pequena  reserva de arte e  vida, vén  ofrecendo  unha intensa actividade musical, tanto enlatada como  ao vivo. Para moitos  músicos  tocar  aquí  é  como  tocar  nun pequeno templo, cunha  audiencia sensible,que  valora  e  respeta profundamente ós  artistas. Amantes do jazz e curiosos melómanos  danse  cita  na  Borri, pois se  pasa  facilmente de Coltrane aos Dj’s máis actuais.  Elaboran exquisitos mojitos, coa receita orixinal cubana, dende 1990. Teñen viños exclusivos de barril, gin tonics elaborados, cócteles, tés de orixe e ampla variedade de spirits. Wi Fi & Terraza.

Enderezo: Rúa de San Paio de Antealtares, nº22