Asociación Cultural Cidade Vella

A Asociación Cultural Cidade Vella cumpre 25 anos de traxectoria á volta do verán do 2013.

Con tal motivo, xa hai unhos meses sacamos un novo medicamento á rúa: Fórmula 25.
Este medicamento é un xenérico, por suposto; a súa formula non é un segredo, mais a súa elaboración require da paixón e do compromiso dun heteroxéneo grupo de alquimistas.
Na súa base fundamental, esta fórmula aposta pola singularidade, pola diversidade, pola creatividade, polo propio e polo alleo, pola xente e pola festa… ingredentes recollidos paseniño ao longo destes 25 anos.
Mais para que este medicamento cumpra coas súas indicacións debe administrarse acompañado de hábitos saudábeis:

Cultura sostible…para facer do talento creativo da cidade motor de transformación.

Cidade viva…. para disfrutar de experiencias singulares e participativas nun entorno único .
Procesos colaborativos… ideas e paixón para desenvolver proxectos innovadores e libres cunha comunidade activa, orgullosa e implicada na transformación social.

Vontade transformadora…para facer da cidade vella un lugar de vida singular; un lugar único no que asentar novas posibilidades de desenvovemento baseadas na vitalidade social, económica e cultural.

Traballo singular: Unha hostelería próxima, creativa, honesta e profesional